Marquesado de Bendaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marquesado de Bendaña
Corona de marqués.svg
Coroa de marqués
Primeiro titularRodrigo Antonio Falcón de Ulloa y Rivadeneyra
ConcesiónCarlos II
27 de outubro de 1692
Actual titularLorenzo Piñeiro y Escrivá de Romaní

O marquesado de Bendaña é un título nobiliario de carácter hereditario concedido por real despacho de Carlos II o 27 de outubro de 1692 a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Rivadeneyra, cabaleiro da Orde de Santiago, previo vizcondado de Parderrubias. Foille concedida a Grandeza de España o 19 de marzo de 1843.

A súa denominación fai referencia á parroquia de Bendaña, que actualmente pertence ó municipio de Touro (A Coruña).

Marqueses de Bendaña[editar | editar a fonte]

Titular Período
Creación por Carlos II
I Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Rivadeneyra 1692-
II Juan Benito Piñeiro de Ulloa
III Carlos José Piñeiro e Ulloa
IV Juan Agustín Piñeiro e Ulloa
V Andrés Vicente Piñeiro e Ulloa
VI Gregorio María Piñeiro e Ulloa
VII Antonio María Piñeiro e de las Casas
Concesión de Grandeza de España por Isabel II
VIII Buenaventura Piñeiro e Manuel de Villena
IX Tomás Piñeiro e Aguilar
X Lorenzo Piñeyro e Fernández de Villavicencio
XI Lorenzo Piñeyro e Fernández de Córdoba 1951-2011
XII Lorenzo Piñeyro e Escrivá de Romaní 2011-

Historia dos marqueses de Bendaña[editar | editar a fonte]

  • Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Rivadeneyra, cabaleiro da Orde de Santiago, señor de Parderrubias, Bendaña e Vilaseca, I marqués de Bendaña. Morto sen descendencia, sucedeuno o seu sobriño:
  1. Casou con Juana de la Torre de Romay. Sucedérono, sucesivamente, os seus fillos:
  • Carlos José Piñeiro e Ulloa, III marqués de Bendaña, morto sen descendencia, le sucedeuno o seu irmán:
  • Juan Agustín Piñeiro e Ulloa, IV marqués de Bendaña, morto sen descendencia, sucedeuno o seu irmán:
  • Andrés Vicente Piñeiro e Ulloa, V marqués de Bendaña
  1. Casou con Joaquina Maldonado Ormaza Suárez de Deza. Sucedeuno o seu fillo:
  • Gregorio María Piñeiro e Ulloa, VI marqués de Bendaña
  1. Casou con Andrea María de las Casas Herrera, filla dos marqueses de Santa Marta. Sucedeuno o seu fillo:
  • Antonio María Piñeiro e de las Casas (1771-1838), VII marqués de Bendaña
  1. Casou con Tomasa Manuel de Villena e Vera, filla dos marqueses del Real Tesoro. Sucedeuno o seu fillo:
  • Buenaventura Piñeiro e Manuel de Villena (1799-1876), VIII marqués de Bendaña e IX conde de Canillas (por herdanza de María Bernarda Ortiz de Guinea e Terán, marquesa de Terán). Recibiu Grandeza de España en 1843.
  1. Casou con Isabel Echeverri e Pérez del Pulgar, IV condesa de Buenavista de la Victoria e VIII condesa de Villalcázar de Sirga.
  2. Casou con María Antonia de Aguilar e Fernández de Córdoba, filla dos marqueses de la Vega de Armijo. Sucedeuno o seu fillo:
  1. Casou con María Eulalia Fernández de Villavicencio e del Corral, VII marquesa de la Mesa de Asta. Sucedeuno o seu fillo:
  1. Casou con María Dominga de Queralt e Fernández-Maquieira, III marquesa de Bonanaro e II condesa de Torralba de Aragón. Sucedeuno o seu neto ó morrer prematuramente o seu fillo:
  • Lorenzo Piñeyro e Queralt (1894-1921), VIII marqués de Albolote (título por herdanza materna e tras rehabilitación en 1915).
  1. Casou con María de los Milagros Fernández de Córdoba e Álvarez de las Asturias-Bohorques, filla dos marqueses del Zarco. Faleceu antes que seu pai e o título herdouno directamente o seu único fillo:[2]
  • Lorenzo Piñeyro e Fernández de Córdoba (1920-2011), Grande de España, XI marqués de Bendaña, XII barón de Molinet (ambos por herdanza de seu avo paterno), IV conde de Torralba de Aragón (por herdanza de seu tío paterno, Buenaventura Piñeyro e de Queralt) e IX marqués de Albolote (por herdanza directa de seu pai).
  1. Casou con María del Perpetuo Socorro Escrivá de Romaní e Patiño, filla dos condes de Sástago. Sucedeuno o seu fillo:
  • Lorenzo Piñeiro e Escrivá de Romaní (n. 1950), Grande de España, XII marqués de Bendaña, X marqués de Albolote, XIII barón de Molinet e V conde de Torralba de Aragón.
  1. Casou con Isabel Martos e Azlor de Aragón, fillaa dos duques de Granada de Ega, marqueses de Casa Thilly, de Iturbieta e de Santiago de Oropesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vida de sociedad" (PDF). La Vanguardia (en castelán). 27-07-1934. p. 6. Consultado o 22-12-2020. 
  2. "Notas necrológicas". ABC (en castelán). 26-02-1921. p. 22. Consultado o 22-12-2020.