Marn Grook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escena doméstica aborixe australiana describindo a recreación tradicional, incluíndo un neno que xuta a "pelota", co obxecto de "non deixar que a pelota dea no chan". (William Blandowski Australien en 142 Photographischen Abbildungen, 1857).

Marn Grook ou marngrook, da lingua gunditjmara para "xogo de pelota", é un termo colectivo para un número de xogos tradicionais aborixes australianos que se realizaba en reunións e celebracións, cun máximo de cincuenta xogadores. Diferénciase do xogo de pelota aborixe Woggabaliri, que se cre que foi representado nas pinturas de William Blandowski.

Crese que o Marn Grook consistía en xutar e atrapar unha pelota de feluxe. Implicaba un gran número de xogadores e practicábase nunha área moi grande. Formábanse equipos totémicos, mais para os observadores parecía que non tiña un obxectivo de equipo, sen unhas regras, sistema de puntuación ou gañadores. Os xogadores individuais que consistentemente exhibían habelencias sobresalientes, como saltar por enriba doutros para atrapar a pelota, a miúdo eran obxecto de comentarios.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Sports Factor, ABC Radio National, program first broadcast on 5 de setembro de 2008.