Marisol Gómez
Marisol Gómez | |
---|---|
Nome completo | Marisol Gómez Domínguez |
Nacemento | 1965 |
Lugar de nacemento | Crecente |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marisol Gómez Domínguez, nada en 1965 no Freixo (Crecente), é unha política galega, do PPdeG, que foi alcaldesa de Crecente entre 2014 e 2015.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Concelleira na corporación municipal, entrou no concello nas eleccións de 2007, como número 5 da lista popular. Catro anos despois xa figuraba de número 2, e formou parte do equipo de goberno de Julio César García-Luengo Pérez coas responsabilidades de Asuntos Sociais, Educación, Cultura e Turismo. Cando o alcalde foi condenado a un ano de inhabilitación, propúxose o nome do concelleiro Servando Rodríguez Carpintero para a alcaldía. Mais discrepancias sobre o salario frustraron a operación, e foi escollida alcaldesa Marisol Gómez co apoio da maioría absoluta do PP.
Rematada a condena, García-Luengo volveu encabezar a candidatura popular ao concello nas eleccións de 2015, nunha lista onde Marisol Gómez figuraba de novo de número dous.
Predecesor: Julio César García-Luengo Pérez |
![]() Alcaldesa de Crecente 2014 - 2015 |
Sucesor: Julio César García-Luengo Pérez |
.