Marine Observation Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Marine Observation Satellite ou MOS foi unha serie de dous satélites artificiais da axencia xaponesa NASDA para o estudo da Terra.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites MOS, tamén coñecidos como Momo, foron os primeiros satélites xaponeses de observación da Terra construídos con tecnoloxía propia. O seu obxectivo era facer medicións e observacións para a protección da contorna e a busca de recursos naturais. Os satélites foron enviados a órbitas duns 900 km de altura. Cada un levaba a bordo un tres radiómetros para a observación en distintas lonxitudes de onda.[1][2]

MOS 1a foi lanzado o 19 de febreiro de 1987 mediante un foguete N-2, mentres que MOS 1b foi enviado ao espazo a bordo dun H-I o 7 de febreiro de 1990, ambos desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Marine Observation Satellite" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MOS 1a, 1b (Momo 1a, 1b)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]