Mariló Montero
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Dolores Leonor Montero Abárzuza 28 de xullo de 1965 (59 anos) Lizarra, España |
Educación | IESE Business Schoo - Master en dirección de empresas (en) (2014–2015) Universidade de Costa Rica - maxisterio (1985–1990) Alianza Francesa - estudos franceses (1981–1981) |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, columnista, escritora, contestant (en) , Tertuliano radiotelevisivo, oradora |
Período de actividade | 1985 - |
Empregador | Grupo Joly (2004–) Radio y Televisión de Andalucía (1995, 2001, 2007, 2019–2000, 2006, 2009, 2021) Radio Televisión Madrid (1990, 1993, 2020–1990, 1993) Mediaset España (1990, 2022–1993, 2022) RTVE (1990, 2009, 2021, 2023–1990, 2016, 2021, 2023) Univision Communications (pt) (1987–1990) Atresmedia (1985, 1994, 2018, 2021, 2023–1987, 1994, 2019, 2022) |
Familia | |
Cónxuxe | Carlos Herrera Crusset (1991–2011) |
María Dolores Leonor Montero Abárzuza, máis coñecida como Mariló Montero, nada en Lizarra (Navarra) o 28 de xullo de 1965, é unha xornalista e presentadora de televisión española. Actualmente presenta o programa matinal La mañana de La 1 en Televisión Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicia a súa traxectoria profesional en Costa Rica (onde estudara Maxisterio), debutando no Canal-2 Univisión de televisión.
Regresa a España en 1989 para traballar xunto a Jesús Hermida no espazo de Televisión Española A mi manera. Compaxina ese labor con colaboracións en Antena 3 Radio.
Un ano despois conduce en Telemadrid o espazo Verano 90, xunto a Agustín Bravo, e inmediatamente despois é fichada por Telecinco, onde traballa como redactora en Informativos Telecinco, dirixido por Luis Mariñas.
O seu seguinte proxecto é a coordinación do espazo Encantada de la vida (1993), que presentaba Concha Velasco.
A mediados da década de 1990 instálase en Sevilla, onde conduce os espazos Andalucía directo, Noticias Uno e, ata xuño de 2008 o programa de debate Mejor lo hablamos.
En xuño de 2009 regresa a Televisión Española para facerse cargo do programa matinal La mañana de La 1.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casada, desde o 28 de setembro de 1991, co xornalista Carlos Herrera, con quen tivo dous fillos, Alberto e Rocío. En maio de 2011 decidiron pór fin á súa relación, de forma pública comunicándoo á prensa.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mariló Montero e Carlos Herrera sepáranse". El País. 8 de maio de 2011. Consultado o 8 de maio de 2011.