Mariano Arregui Canela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMariano Arregui Canela
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Ricla, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Tarragona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Mariano Arregui Canela, nado o 3 de setembro de 1937 en Ricla (Aragón) e finado o 18 de agosto de 2010 en Tarragona (Cataluña),[1] foi un importante cantante de xota aragonesa.

Con só 7 anos gaña o seu primeiro premio de xota en L'Almunia de Donya Godina, feito que fixo que decidise trasladase a Zaragoza para recibir clases de Pascuala Perié. No ano 1948 gaña o seu primeiro premio de Radio Zaragoza.

Co cambio de voz queda algúns anos sen moita actividade, pero no ano 1960 gaña o primeiro premio do concurso que organiza a Agrupación Artística Aragonesa en lembranza de Pilar Gascón. Catro anos despois, en 1964, obtén o 2º premio do certame de xota do Concello de Zaragoza, e no ano seguinte o 1º premio.

En 1969, proclamouse por primeira vez campión de Aragón de xota no Teatro Principal de Zaragoza. No ano 1975 obteu o primeiro premio nun concurso nacional de xota organizado na vila de Epila, ademais de gañar por segunda volta o campionato de Aragón.

En 1976, volveu gañar en Epila e por terceira vez, no escenario do Teatro Principal, o campionato de Aragón. En 1977, ademais de volver gañar en Epila a Deputación Provincial de Zaragoza concédelle o prestixioso Premio Santa Isabel.

En 1979, gañará o cuarto campionato de Aragón e en 1980 queda segundo no concurso en homenaxe a Demetrio Galán Bergua, gañando tamén ese mesmo ano o 4 concurso de misas aragonesas patrocinado polo Cabido do Pilar de Zaragoza e a Deputación Xeral de Aragón. En 1981, nunha homenaxe na súa vila natal, Ricla, déuselle a unha praza o seu nome.

En outubro de 1984 fai historia, logrando o quinto campionato de Aragón de xota, converténdose no cantante que máis veces se fixo con este premio.

Morreu o día 18 de agosto de 2010 no Hospital Joan XXIII de Tarragona despois de sufrir un derramo cerebral o día 16 de agosto, mentres pasaba as vacacións de verán coa súa familia en Salou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el jotero aragonés Mariano Arregui a los 73 años". El Periódico de Aragón (en castelán). 19 de agosto de 20110. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 03 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]