Maria Pilar Busquets i Medan
Maria Pilar Busquets i Medan, nada en Les (Lleida) o 23 de marzo de 1937, é unha política aranesa que foi Síndica de Arán entre 1991 e 1993.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou no sector da hostalaría. Foi Flor d'or nos Jocs Florals da Escola deras Pirenèos de Gascunya e no concurso literario de poesía e prosa do Museo Etnolóxico do Val de Arán. Foi membro da Comisión Ofiicial para a Normalización lingüística do Aranés, membro fundadora da Asociación de veciños Es Tersús e responsable de cultura de 1977 a 1980, e presidenta da Asociación Pro Defensa de l'Eix Transpirinenc pel Pas Natural de la Vall d'Aran.
Despois da recuperación do Consello Xeral de Arán, a histórica institución de autogoberno do Val de Arán, coa aprobación da Lei 16/1990, de 13 de xuño, gañou as eleccións con Coalició Aranesa-Convergència i Unió (CA-CiU), integrada por Convergéncia Democratica Aranesa, á que pertence Pilar Busquets, e Unió Democràtica Aranesa. Despois destas primeiras eleccións, o 26 de maio de 1991, foi investida Síndica de Arán. Dous anos máis tarde a coalición rompeuse e a súa compañeira Amparo Serrano Iglesias, de UDA, presentou unha moción de censura que recibiu o apoio de Unitat d'Aran e Pilar Busquets perdeu o cargo.
Tamén foi deputada do Parlament de Catalunya por CiU nas eleccións de 1984 e 1988.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Predecesor: Non existía |
Síndica de Arán 1991-1993 |
Sucesor: Amparo Serrano Iglesias |