Marco Reginelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marco Reginelli
Nacemento1897
 Téramo
Falecemento26 de maio de 1956
editar datos en Wikidata ]

Marco "Small Man" Reginelli, nado en Teramo en 1897 e falecido o 26 de maio de 1956, foi un mafioso de Nova Jersey que chegou a ser underboss da Familia da delincuencia de Filadelfia e rexedor dun famoso club nocturno de Atlantic City. O adeallo de Reginelli, Small Man (home pequeno, en inglés) proviña da súa curta estatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Nepezzano, unha frazione da cidade italiana de Teramo, na rexión de Abruzzo, Reginelli emigrou aos Estados Unidos en 1914, coa idade de 17 anos. En primeiro lugar estableceuse nunha comunidade italo-americana en Penns Grove, Nova Jersey, con moitos veciños de Valle San Giovanni e Teramo. Moitos destes inmigrantes traballaban na próxima fábrica de produtos químicos DuPont. Na década de 1930, Marco trasladouse a Camden, onde se converteu nun membro da Cosa Nostra. As especialidades de Marco eran o xogo e o xogo de números, aínda que tamén foi declarado culpable de furto e receptación. Unha vez un comité do Congreso describiu a Reginelli como "o maior matón da zona de Filadelfia-Nova Jersey".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]