Marco Livio Druso Claudiano
Marco Livio Druso Claudiano | |
---|---|
Nome completo | Appius Claudius Pulcher |
Nacemento | anos 90 a. C.xuliano |
Lugar de nacemento | Roma Antiga |
Falecemento | 42 a. C. |
Lugar de falecemento | Filipos |
Causa | morto en combate |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | Ancient Roman politician e Ancient Roman military personnel |
Pai | valor descoñecido e Marco Lívio Druso, o Tribuno |
Nai | valor descoñecido e Servilia |
Cónxuxe | valor descoñecido e Alfidia |
Fillos | Lívia Drusa, Marco Lívio Druso Libão e Gaius Livius |
Irmáns | Livia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marco Livio Druso Claudiano (en latín, Marcus Livius Drusus Claudianus) finado no ano 42 a. C, foi un político e militar romano do século I a. C., pai da emperatriz Livia Drusila (consorte de Octavio Augusto)[1] e avó do emperador Tiberio. Pelexou ao lado dos libertadores na batalla de Filipos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Familia[editar | editar a fonte]
Claudiano foi membro da familia dos Claudios Pulcros por nacemento, pero foi adoptado por Marco Livio Druso, tribuno da plebe no ano 91 a. C.[2] Casou con Alfidia, filla dun aristócrata provincial de Fundi, coa que tivo unha filla: Livia Drusila. Ao carecer de herdeiros homes, adoptou a un membro dos Escribonios Libones que tomou o nome de Marco Livio Druso Libón.
Carreira pública[editar | editar a fonte]
Aparece mencionado por primeira vez no ano 59 a. C. entre os partidarios dos triunviros cando esperaba entrar nunha embaixada a Exipto. Ocupou a pretura no ano 55 [3] ou 50 a. C. Neste último ano presidiu un proceso xudicial rexido pola Lei Escantinia, aínda que tamén o puido ter presidido en calidade de iudex quaestionis.[4]
Probabelmente foi quen animou a Décimo Xunio Bruto Albino, un dos conspiradores contra César. Após a morte de Xulio César, uniuse aos libertadores e loitou no seu bando na batalla de Filipos. Cando Casio e Bruto se quitaron a vida despois da súa derrota na batalla de Filipos (42 a. C.), Claudio seguiu o seu exemplo e suicidouse tras a derrota.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Livia, Empress of Rome av Matthew Dennison (Ebok)". Bokus.com (en sueco). Consultado o 2022-03-20.
- ↑ Pettinger 2012, p. 224.
- ↑ Gruen 1995, p. 318.
- ↑ Levick 1999, p. 2.
- ↑ Levick 1999, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Brennan, T. C. (1999). The Republic in Danger: Drusus Libo and the Succession of Tiberius (en inglés). Routledge.
- Gruen, E. S. (1995). The Last Generation of the Roman Republic (en inglés). University of California Press. ISBN 9780520201531
- Levick, B. (2012). Tiberius the Politician (en inglés). Oxford University Press.
- Pettinger, A. (2001). The Praetorship in the Roman Republic, vol. 2 (en inglés). Oxford University Press.