Saltar ao contido

Marcial Vázquez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcial Vázquez Vázquez
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Os Arcos, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, carpinteiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Marcial Vázquez Vázquez, nado nos Arcos (Amoeiro) o 25 de outubro de 1882, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpinteiro radicado na parroquia de Fontefría. Integrouse na primeira Agrupación Socialista de Amoeiro, que se constituíu en abril de 1930. Na Segunda República foi concelleiro de Amoeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os falanxistas levárono co seu irmán Sindo ao Pazo de Miranda coa intención de trasladalos posteriormente ao cárcere de Celanova e matalos. Salváronse grazas á intervención do propietario do pazo, Antonio Miranda, que intercedeu por eles ante o Gobernador Militar de Ourense Luís Soto Rodríguez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]