Saltar ao contido

Marcelino Losada Loureiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcelino Losada Loureiro
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Maceira, España Editar o valor en Wikidata
Morte1979 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
México Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsHermenegildo Losada Loureiro Editar o valor en Wikidata

Marcelino Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo) en 1901 e finado en México en 1979, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926. Foi médico de Maceira. Foi nomeado axente executivo de contribucións do concello de Covelo en febreiro de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado na corte do gando polo crego Jesús Domínguez Cambra, párroco de Melón, coa colaboración do seu primo José María Alonso Cambra pasou a Portugal e despois á zona republicana.[2] Na guerra civil foi alférez, tenente e finalmente capitán médico (en setembro de 1938) na Escola Popular de Guerra de Cataluña.[3]

Pasou a Francia, e logo puido exiliarse co seu irmán Hermenegildo en México, chegando a Veracruz no buque Ipanema en xullo de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938,[4] e foi sancionado en 1940 con seis anos de inhabilitación e a perda total dos bens embargados.[5] En México exerceu a súa profesión co seu irmán e abriron unha clínica médico-cirúrxica na cidade de México. Tamén estivo en contacto co grupo dos socialistas galegos no exilio.

  1. Vida Gallega, 29-2-1936, p. 43
  2. Lembrando aqueles que se foron...
  3. Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 22-9-1938, p. 1143
  4. El Compostelano, 3-8-1938, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 25-10-1940, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]