Saltar ao contido

Maranta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maranta é un xénero de plantas con flores da familia Marantaceae, nativo de América Central, de América do Sur e das Indias Occidentais.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Recoñécense entre 40 e 50 especies.[4] Todas elas teñen rizomas e forman de maneira natural, matas perennes que poden alcanzar os 50 cm de altura, cunhas vistosas follas oblongoides, variegadas ou manchadas segundo a especie e a variedade. Poden presentar tons verdes, vermellos ou crema, de textura veluda ou brillante, e nervios moi marcados. Durante o día, as follas son planas e ao final do día, dóbranse, de aí o nome común "planta da oración", que se asocia co xénero e as súas especies.[5] As flores son pequenas, con tres pétalos e dous estaminodios maiores semellantes a pétalos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome deste xénero púxose en honra ao botánico veneciano do século XVI, Bartolomeo Maranta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]