María Luisa Palop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Luisa Palop
Nacemento1900
Lugar de nacementoBenissa
Falecemento1973
Lugar de falecementoBenissa
NacionalidadeEspaña
Alma máterReial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles
Ocupaciónpintora
editar datos en Wikidata ]

María Luisa Palop, nada en Benissa (Alacant) en 1900 e finada na mesma localidade en 1973, foi unha pintora alicantina.[1]

Sentíase atraída pola paisaxe mediterránea e a comarca de La Marina. Reproduciu coa técnica do impresionismo o Penyal d'Ifac, as montañas da Serra d'Aitana, a montaña de Puigcampana e paisaxes e escenas tradicionais. Na súa obra vense influencias do impresionismo local co esquematismo e a sinxeleza do modernismo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Luisa estudou na Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia na década de 1920. Discípula do pintor Ramon Stolz, participou en diversas exposicións colectivas no Cercle de Belles Arts e na Sala Blava. En 1926 gañou un premio extraordinario na Exposición do Círculo de Belas Artes por un tapiz pintado, copia dunha Madonna de Rafael.[3] En 1932 presentou a obra Flores y frutas na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid[4] e en 1933 formou parte da I Exposición de artistas valencianos reunidos nas Galeries Empòrium de Barcelona.[5]

En 1934 presentou a obra Cactus na Exposición Nacional de Belas Artes, que ilustraba o catálogo do certame. Participou de novo na primeira edición despois da Guerra Civil en 1941, cun bodegón de flores e froitos.[6] Nesa edición coincidiu con artistas como Xulia Minguillón (quen gañou a primeira medalla), Marisa Roesset (medalla de segunda categoría), María Revenga, María del Carmen Corredoyra, Carlota Fereal e Rosario de Velasco.[7] En 1945 participou na exposición Pintores Valencianes, organizada pola asociación cultural Lo Rat Penat.[8]

Na actualidade moitas das súas obras pertencen a coleccións privadas ou están expostas en museos de varios países.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ibiza i Osca, Vicent (2006). Dona i art a Espanya: diccionari d'artistes d'abans de 1936. Institució Alfons el Magnànim, Diputació de València. ISBN 9788478224845. OCLC 212432429. 
  2. Ibiza i Osca, Vicent (2006). Dona i art a Espanya: diccionari d'artistes d'abans de 1936. Institució Alfons el Magnànim, Diputació de València. ISBN 9788478224845. OCLC 212432429. 
  3. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (30 de maio de 1926). "En el Círculo de Bellas Artes: Sobre una exposición". El Pueblo: diario republicano de Valencia (11943): 2. 
  4. Catálogo oficial de la Exposición Nacional de Bellas Artes de 1932 (PDF) (en castelán). Madrid: Blass. 1932. p. 17. 
  5. Montmany, Antònia; Coso, Teresa; López, Cristina; Fontbona, Francesc (2002). Repertori de catàlegs d'exposicions col·lectives d'art a Catalunya (fins a l'any 1938). Barcelona: Barcelona Institut d'Estudis Catalans. p. 226. ISBN 84-7283-661-4. 
  6. Catálogo oficial de la Exposición Nacional de Bellas Artes de 1941. Madrid: Ministerio de Educación Nacional, Dirección General de Bellas Artes. 1941. p. p. 35, cat. 213. 
  7. Muñoz López, Pilar (2002). "La imagen de la mujer en la pintura realizada por mujeres durante el régimen de Franco" (PDF). Representación, Construcción e Interpretación de La Imagen Visual de las Mujeres: 484. 
  8. Ibiza i Osca, Vicent (2006). Dona i art a Espanya: diccionari d'artistes d'abans de 1936. Institució Alfons el Magnànim, Diputació de València. ISBN 9788478224845. OCLC 212432429. 
  9. Ibiza i Osca, Vicent (2006). Dona i art a Espanya: diccionari d'artistes d'abans de 1936. Institució Alfons el Magnànim, Diputació de València. ISBN 9788478224845. OCLC 212432429.