María Jesús García Souto
María Jesús García Souto | |
---|---|
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Sobrado |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Jesús García Souto, nada en Sobrado en 1975, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xerente do polígono de Bergondo. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura independente Todos Por Sobrado e foi elixida concelleira. Os dous concelleiros electos de Todos por Sobrado non apoiaron a elección do alcalde Lisardo Santos Ares do PSdeG. En marzo de 2017 presentou unha moción de censura apoiada polo PPdeG e foi elixida alcaldesa de Sobrado[1]. Porén, unha nova moción de censura en abril de 2018, levou de novo a alcaldía a mans de Lisardo Santos[2] en abril de 2018.[3], tralas desavinzas entre independentes e populares, e contar os socialistas co apoio dun edil popular que accedera recentemente á corporación e que se inscribeu como non adscrito para facilitala moción.
Preséntase de novo á alcaldía nas eleccións municipais de 2019 encabezando a lista do PPdeG. Revalida os 2 concelleiros obtidos como independente, pero non mellora os resultados de 2015, cando o PPdeG perde a maioría absoluta despois de 16 anos no poder na vila, véndose superada por unha ampla maioría do socialista Lisardo Santos, que logrou 7 edís.
Predecesor: Lisardo Santos Ares |
![]() Alcaldesa de Sobrado 2017 - 2018 |
Sucesor: Lisardo Santos Ares |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Una moción de censura arrebata al PSdeG la alcaldía del concello de Sobrado", Faro de Vigo, 29 de marzo de 2017 (en castelán).
- ↑ "Sae adiante a moción de censura en Sobrado dos Monxes nun tenso pleno con berros e apupos" Arquivado 12 de abril de 2018 en Wayback Machine., CRTVG, 12 de abril de 2018.
- ↑ El PSOE recupera Sobrado dos Monxes en una moción de censura con intervención de la Guardia Civil