Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation
Autor/aPierre Louÿs
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)Parodia e Erotismo
Data de pub.1919
editar datos en Wikidata ]

Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation é un libro de Pierre Louÿs escrito en 1917 e publicado póstuma e anónimamente en 1927.

Características[editar | editar a fonte]

É unha parodia dos rigorosos tratados de urbanidade da súa época, composto de admonicións curtas (con frecuencia unha ou dúas frases) agrupadas por temas, tales como “na casa”, “deberes para con súa nai”, “en clase”, etc.

O ton da obra é vivo, case lapidario, cun estilo particularmente cru.

O autor válese da ironía para debuxar os variados amores das mozas perversas, e este relativo distanciamento permítelle burlarse de toda censura moral.

Lonxe do refinamento preciosista de Chansons de Bilitis, o Manuel de civilité é a obra máis subversiva de Pierre Louÿs, un torpedo na liña de flotación do puritanismo burgués da Belle Époque.