Saltar ao contido

Manuel da Maía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel da Maía

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Manuel da Maia Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1677 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1768 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, arquiveiro, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata
A Baixa de Lisboa, de traza hipodámica, no centro dereita da vista aérea.

Manuel da Maia, nado en Lisboa en 1680 e finado o 17 de setembro de 1768, xeneral, foi un arquitecto e enxeñeiro portugués, Enxeñeiro-Maior do reino en tempos do rei D. Xosé I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Figura de relevo do século XVIII, o enxeñeiro Manuel da Maía estivo directamente envolvido, e foi o responsábel do éxito dalgúns dos máis ambiciosos proxectos de enxeñaría da época, tales como o Acueduto das Águas Livres ou a elaboración da nova planta da cidade de Lisboa, despois do terremoto de 1755. Centro de varias homaxes en vida, tales como condecoracións e mercés honoríficas, das que destaca o título de fidalgo da Casa Real e o de xeneral.

Contodo sería en novembro de 1755, na altura de cerca de 80 anos de idade, cando a conscuencia do terremoto de Lisboa, que Manuel da Maía deixaría, talvez, o seu maior legado: a coordinación da reconstrución da cidade de Lisboa.

Optando pola proposta do capitán de enxeñaría Eugénio dos Santos, creou o que hoxe é coñecido como a Baixa Pombalina. Neste proxecto colaborou tamén o enxeñeiro, de orixe húngara, Carlos Mardel.

Manuel da Maía ademais dun enxeñeiro de campo, foi tamén profesor da Aula de Fortificações, tendo ao futuro rei D. Xosé I como alumno. Menos coñecido, pero de grande importancia para a historia de Portugal, foi o traballo desenvolvido por Manuel da Maía como Guarda-mor do Real Arquivo da Torre do Tombo, posto que asumiu o 12 de novembro de 1745.

O Museo da Auga de Lisboa, dedicado á historia do abastecemento de auga da cidade, homenaxea a Manuel da Maía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]