Baixa de Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Terreiro do Paço.
Vista xeral da baixa Pombalina.
Vista panorámica sobre a baixa Pombalina desde o miradoiro da Señora do Monte.

A baixa de Lisboa, tamén chamada baixa Pombalina ou Lisboa Pombalina por ser edificada por orde do Marqués de Pombal, tralo terremoto de 1755, cubrindo unha área de cerca de 255 hectáreas. Sitúase entre o Praça do Comércio, xunto ao río Texo, e o Rossio e a Praça da Figueira, e lonxitudinalmente entre o Cais do Sodré, o Chiado e o Carmo, dun lado, e a e o outeiro do Castelo de San Xurxo de Lisboa, do outro.

A baixa está totalmente integrada no territorio da freguesía de Santa Maria Maior.

Urbanismo[editar | editar a fonte]

Rúa Augusta.

A baixa está formada por un conxunto de rúas rectas e perpendiculares organizadas para ambos os lados dun eixe central constituído pola Rúa Augusta. Os edificios teñen unha arquitectura semellante, con baixos comerciais e andares superiores para vivenda. As dimensións de vans eran uniformes, o que permitiu a construción máis rápida con recurso a elementos pre-fabricados, como é o caso das cantarías das xanelas de dous únicos tipos, un para as fachadas das rúas principais e outro para as fachadas das rúas secundarias. Dentro dos edificios, as casas máis pequenas estaban situadas nos andares máis baixos, habitadas polo xeral polos propietarios do comercio situado no seu baixo comercial, e as meirandes nos andares máis altos, reservadas ás familias máis nobres. A baixa Pombalina caracterízase tamén pola monumentalidade dos seus edificios, representativos dunha nova orde social que valoriza a clase comerciante e financeira.

É un dos primeiros exemplos de construción antisísmica. Os modelos arquitectónicos foron examinados coa utilización de tropas en marcha para simular un terremoto.

Foi considerada como candidata portuguesa á lista do como demandante portuguesa á lista de Patrimonio da Humanidade o 7 de decembro de 2004, declarándoa superior ás áreas planeadas en Edimburgo, Turín e Londres.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Candidaturas á UNESCO". Consultado o 17 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Monumentos. Revista Semestral de Edifícios e Monumentos, n.º 21. Setembro de 2004.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]