Manuel Varela González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Varela González
Biografía
NacementoVilarmaior, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Vilarmaior, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Varela González, nado en Vilarmaior e finado no mesmo concello o 11 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secretario dunha confederación agraria. Foi elixido concelleiro de Vilarmaior en 1931.[1] Co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro da xestora de Vilarmaior que quedou constituída o 23 de maio de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Regresou á casa para celebrar o aniversario da súa filla pequena e ao amencer gardas civís e falanxistas estabábano esperando fora da casa; Manuel intentou fuxir por unha fiestra, pero os falanxistas e gardas civís pegáronlle dous tiros diante da propia filla. Enterrárono nunha fosa común no cemiterio de Grandal (Vilarmaior).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concelleiros das corporacións republicanas
  2. El Pueblo Gallego, 29-5-1936, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]