Manuel Rodríguez Saa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 Bagude, España |
Morte | 5 de novembro de 1984 (98/99 anos) Portomarín, España |
Actividade | |
Ocupación | ilusionista |
Manuel Rodríguez Saa, coñecido como Dr. Saa e Conde de Waldemar, nado en Bagude (Portomarín) en 1885 e finado no mesmo concello o 5 de novembro de 1984, foi un ilusionista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Madrid, onde malviviu como camareiro. Trasladouse a París e aprendeu os seus trucos nos clubs e cabarés de Montparnasse. Marchou a Buenos Aires e debutou nun casino de Maipú, (Mendoza). Alí comezou a súa carreira de éxito, primeiro en Europa, durante a guerra, e a partir da súa actuación na Habana en 1921, por todo o continente americano. Regresou a Galicia e o 15 de xaneiro de 1925 conseguiu debutar en España, no Teatro Novedades de Barcelona. Foi contratado por Primo de Rivera para entreter ás tropas que combatían en Marrocos.
Instalouse en Manila onde viviu comodamente logo do seu matrimonio coa aristócrata Teodora Salgado ata 1944. Ao morrer a esposa, os herdeiros obrigárono a fuxir. A finais dos anos sesenta decidiu volver a Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Díaz, Xosé; Fernández Guzmán, Belén (2012). O misterioso Dr. Saa. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-348-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Martínez, Iago (2012-02-17). "El último truco del conde". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-09-04. (require subscrición (?)). (en castelán)
- O Houdini de Portomarín