Manuel Rico Sinobas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Rico Sinobas
Datos persoais
Nacemento26 de decembro de 1819
LugarValladolid
Falecemento20 de decembro de 1898
LugarMadrid
NacionalidadeEspañola
Actividade
CampoFísica, Medicina e Meteoroloxía
Alma máterUniversidade Central de Madrid
InstituciónsReal Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Real Academia Nacional de Medicina
Pioneiro da meteoroloxía en España
editar datos en Wikidata ]

Manuel Rico Sinobas, nado en Valladolid o 26 de decembro de 1819 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1898[1], foi un físico e médico español, un dos pioneiros no estudo da meteoroloxía en España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Medicina e en Ciencias físicas, dedicouse preferentemente a esta última especialidade e foi durante moitos anos catedrático de física superior da Universidade Central de Madrid. Pertenceu á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (da que foi vicepresidente) coa medalla número 35 e tomou posesión o 3 de xullo de 1859,[2] e á de Medicina[2], coa medalla número 21, e da que tomou posesión dende o 22 de maio de 1861[1] até a súa morte.

Destacou fundamentalmente no estudo da meteoroloxía e foi o primeiro investigador da climatoloxía histórica española[3], pois foi quen de organizar unha recompilación sistemática de fichas con datos de diversas estacións e sistematizou as observacións realizadas entre 1800 e 1850, recollidas en fontes documentais.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "1861 - Rico Sinobas, Manuel". ranm.es (Real Academia Nacional de Medicina). Consultado o 08-10-2017. 
  2. 2,0 2,1 "Excmo. Sr. D. MANUEL RICO Y SINOBAS". rac.es (Real Academia de Ciencias). Consultado o 09-10-2017. 
  3. 3,0 3,1 Mariano, Barriendos (Coord.) (2000). La reconstrucción del clima de época preinstrumental (V Reunión Nacional de Climatología. Asociación de Geógrafos Españoles). Santander: Servicio de publicaciones Universidad de Cantabria. p. 17. ISBN 84-8102-249-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]