Manuel Ramón Barros Torres
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1881 Meis, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Manuel Barros Chantada |
Manuel Ramón Barros Torres, coñecido como Rancheiro, nado en Meis o 28 de abril de 1881, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Eugenio Barros Abal. Emigrou á Arxentina. Ao seu regreso participou no movemento agrarista polo que sufriu represalias do alcalde Salustiano Vidal. Coa proclamación da República, e logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido concelleiro,[1] e nomeado segundo tenente alcalde na corporación presidida por Ramón Abal Sabarís. Integrouse en La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en xullo de 1937 xunto con Amado Romero López, Benito Güimil Prado, José Vidal Fernández, Vicente Rivas, Camilo Abal López, Avelino Maquieira Rodiño e Nemesio Outeda, acusados de requisar armas para opoñerse ao golpe de Estado.[2] Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por auxilio á rebelión o 17 de marzo de 1938 con Benito Güimil Prado, José Vidal Fernández, Camilo Abal López e Nemesio Outeda,[3] foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Internado no campo de concentración da illa de San Simón. Conmutáronlle a pena a dous anos de prisión menor e pasou a prisión atenuada, extinguindo a pena o 12 de xuño de 1939. Sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1939.[4] Nos anos corenta agochou o seu fillo Manuel Barros Chantada para evitar que fose detido.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Chantada e foi pai de Manuel Barros Chantada.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 157–158. ISBN 978-84-7680-692-0.