Manuel Ramón Barros Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ramón Barros Torres
Biografía
Nacemento28 de abril de 1881 Editar o valor em Wikidata (142 anos)
Meis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Barros Chantada Editar o valor em Wikidata

Manuel Ramón Barros Torres, coñecido como Rancheiro, nado en Meis o 28 de abril de 1881, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina. Ao seu regreso participou no movemento agrarista polo que sufriu represaliado do alcalde Salustiano Vidal. Coa proclamación da República, e logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido concelleiro,[1] e nomeado segundo tenente alcalde na corporación presidida por Ramón Abal Sabarís. Integrouse en "La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por auxilio á rebelión o 17 de marzo de 1938 con Benito Güimil Prado, José Vidal Fernández, Camilo Abal López e Nemesio Outeda,[2] foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Internado no campo de concentración da illa de San Simón. Conmutáronlle a pena a dou anos de prisión menor e pasou a prisión atenuada, extinguindo a pena o 12 de xuño de 1939. Sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1939.[3] Nos anos corenta agochou ao seu fillo Manuel Barros Chantada para evitar que fose detido.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Chantada e foi pai de Manuel Barros Chantada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 2-6-1931, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 17-3-1938, p. 7.
  3. El Pueblo Gallego, 16-11-1939, p. 1, 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 157–158. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]