Manuel Porto Verdura (1876-1937)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Porto Verdura
Nacemento21 de decembro de 1876
 Nigoi
Falecemento1937
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor e filántropo
editar datos en Wikidata ]

Manuel Porto Verdura, nado en Parafita (Nigoi, A Estrada) o 21 de decembro de 1876 e finado na Habana en 1937, foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos emigrou a Cuba. Traballou como vendedor de periódicos e despois como empregado nunha fábrica de vasoiras. Despois fundou o seu propio negocio co nome El Águila de Nigoi, dedicándose á fabricación de vasoiras e cepillos. Investiu parte da súa fortuna na construción de edificiós singulares na vila da Estrada e intentou construír un hotel. A partir de 1934 foi o propietario de case todas as empresas eléctricas que prestaban servizo na Estrada e as parroquias da súa contorna. Foi presidente do Centro de Emigrados da Estrada.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1931 o concello da Estrada dedicoulle unha rúa (a antiga rúa Riestra).[2] No franquismo a rúa foi designada como Calvo Sotelo, denominación que aínda perdura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Emigrado, 16-1-1933, p. 2.
  2. El Emigrado, 31-10-1931, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]