Manuel Piñeiro Pastoriza
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Cangas, España |
Morte | 11 de agosto de 1936 (30/31 anos) Mogor, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Manuel Piñeiro Pastoriza, nado en Cangas en 1905 e finado en Mogor o 11 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Piñeiro Graña e Josefa Pastoriza Fresquet, e sobriño de José Piñeiro Graña.[1] Emigrante retornado de Buenos Aires en 1928.[2] Militante da CNT, impulsor de La Reinvidicadora, foi presidente da Alianza Marinera e secretario da Sociedade de Conserveiros de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas de Cangas. Co pretexto dun traslado a Pontevedra foi asasinado no Pozo da Revolta de Mogor o 11 de agosto de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Don José Piñeiro, un médico solidario e humanista
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-3-1928, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dasairas, Xerardo (2002). Memorias da II República en Cangas. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-056-0.
- Nores, Antonio; Castroviejo, Iago (2005). "Mortos, presos, fuxidos e desertores en Cangas na retagarda". A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria. Narón, decembro de 2003. Ferrol: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
- Nores, Antonio; Castroviejo, Iago (2014). A Alianza Mariñeira de Cangas 1914-1936. No centenario da súa Fundación. Cangas: Asociación Memoria Histórica 28 de agosto.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Piñeiro Pastoriza na base de datos do proxecto Nomes e voces.