Manuel Lamartín Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lamartín Vázquez
AlcumeAlmirante
Nacemento1891
 Mondariz
Falecemento9 de decembro de 1983
 Mondariz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lamartín Vázquez, coñecido como Almirante, nado en Mondariz en 1891 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1983,[1] foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramiro Vidal Carrera, Xulio Sigüenza, Manuel Lamartín e Fernando Ruiz no castelo de Sobroso, agosto de 1935.

Emigrou sendo mozo a Arxentina, onde se iniciou no xornalismo nas publicacións da colectividade galega. Retornou a Galicia na ditadura de Primo de Rivera. Foi correspondente da prensa en Mondariz, de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, entre outros. Asinaba as súas crónicas como Almirante. En 1930 foi elixido secretario da Sociedade Agraria de Mondariz. Integrouse no Partido Republicano Radical e en maio de 1931 foi nomeado alcalde de Mondariz. Foi presidente do Comité Radical de Mondariz (1934). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse a Brasil. Retornado a España, volveu ser correspondede de prensa en Mondariz e foi cronista Oficial do Santuario da Franqueira. No franquismo tamén escribiu crónicas para La Voz de Galicia. Finou en Mondariz cando viña de facer 92 anos.


Predecesor:
Alejo Carrera Muñoz
 Mondariz.svg
Alcalde de Mondariz
 
1931
Sucesor:
Emilio Pardo Feijóo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 10-12-1983, p. 28.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]