Manuel Doldán Caridad
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido O Temple |
| Morte | agosto de 1936 Coirós |
| Causa da morte | paseo |
| Actividade | |
| Ocupación | empregado de almacén |
| Membro de | |
| Familia | |
| Fillos | José Doldán |
Manuel Doldán Caridad, nado no Temple (Cambre) e finado en Coirós en agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mozo de almacén afiliado á CNT e próximo ao PSOE. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi designado concelleiro de Cambre, tomou posesión o 21 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado. O seu cadáver apareceu en Coirós en agosto de 1936. Xulgado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, foi sancionado o 23 de xullo de 1941 con 100 pesetas.[2]
Datos persoais
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Don Míguez, foi pai de José, Manuel e Rogelio Doldan Don.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xeración perdida. Coruña 36 (PDF). Deputación da Coruña. 2018. p. 143. ISBN 9788498123319.
- ↑ BOE, 9-12-1941, p. 4554.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 77-78. ISBN 978-84-8487-288-7.