Manuel Dieste Mos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 Ribeira, España |
Morte | 16 de outubro de 2017 (49/50 anos) Ribeira, España |
Causa da morte | leucemia |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, político |
Manuel Dieste Mos, nado en Ribeira en 1967 e finado na mesma vila o 16 de outubro de 2017[1], foi un político e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Carreira, foi creador da agrupación de Protección Civil do seu concello. En 1993 foi un dos creadores de Novas Xeracións en Ribeira. Foi de terceiro nas listas ás eleccións municipais de 1995 polo PPdG, con José Luis Torres Colomer como líder.
Foi presidente do Atlético de Riveira e directivo do Carreira CF.
Foi empresario no sector marisqueiro nas depuradoras Amegovre e Remagro do Grove, e foi vicepresidente do consello regulador do Mexillón de Galicia[2].
Morreu a causa dunha leucemia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el ex concejal ribeirense Manuel Dieste Mos". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 2017.
- ↑ M. Méndez (17 de outubro de 2017). "Muere Manuel Dieste, uno de los más firmes defensores del mejillón gallego de calidad". Faro de Vigo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018.