Manuel Celso Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Celso Garrido Rodríguez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Celso Garrido
Nacemento2 de decembro de 1915
 A Merca
Falecemento6 de outubro de 1960
 Santiago de Chile
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Celso Garrido Rodríguez, nado na Merca o 2 de decembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 6 de outubro de 1960, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Garrido Mouriño de Parderrubias e Aurora Rodríguez Rodríguez da Merca, o seu avó materno José María Rodríguez Acedo, foi xuíz municipal do concello da Merca. Orfo de pai aos 11 anos, trasladouse a Ourense para estudar o bacharelato e en 1930 iniciou os estudos de Maxisterio na Escola Normal, que rematou en 1933. Exerceu como mestre en Sanguñedo (Verea), militou na Xuventude Izquierda Republicana e vinculouse ás Mocedades Galeguistas de Ourense, actuando con elas na campaña electoral de febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como mestre e permaneceu agochado. En marzo de 1937 foi detido. Condenado a traballar no campo de concentración do Cumial, pasou dous anos na cadea, e cando foi posto en liberdade enrolárono pola forza e foi enviado a Oviedo. Ao rematar a súa situación militar como mobilizado, decidiu exiliarse. Cunha identidade falsa trasladouse a Lisboa e desde alí a Buenos Aires. En Arxentina estivo un tempo breve, colaborando coa Federación de Sociedades Galegas e co seu periódico Galicia. Instalouse en Chile, traballou en La Opinión e foi delegado do Consello de Galicia, colaborando con Germán Vidal Barreiro e Ramón Suárez Picallo. Foi amigo do presidente de Chile Gabriel González Videla e ingresou a traballar no xornal La Hora órgano oficial do Partido Radical.

Puxo fin á súa vida en outubro de 1960. Aos poucos días da súa morte o Presidente da República Española no exilio concedeulle o título póstumo de Caballero de la Orden de la Liberación de España.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Saudade. Un limiar e catorce poemas galegos, 1953 (asinado como Manoel-Celso Garrido).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Olga Elena Bouzo Vidal en 1951.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]