Manuel Castelín
Manuel Castelín | |
---|---|
Nacemento | 1949 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Manuel Castelín, alcume de José Manuel Costas Durán, nado en Comesaña, Vigo, en 1949 é un pintor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Participou na creación das primeiras revistas de Comix underground español dos 70. Logo percorreu Europa, América Central e América do Sur con exposicións de pintura e concertos sincrónicos (pintura e música ao vivo). Alí interesouse polo espiritismo afrobrasileiro e o xamanismo amazónico. En Mapiá e Anhangás, na Amazonia, conviviu co pobo de Juramidán, investigando os arquetipos que conforman os modelos subconscientes de evolución, que lle inspiraron a súa obra pictórica de mocidade Estelas del Peregrino, e os libros La Bebida del Poder, La Llamada de Acuaria e La Guerrera. A partir de 1991 viviu en Comesaña e Mallorca. Neses anos escribiu un libro en galego, Viaxe de Orfeo ao fin do mundo. En 2005 trasladouse a vivir na comunidade alternativa de Aldeafeliz, nos arredores de Bogotá, Colombia.