Manuel Bulnes Prieto
Manuel Bulnes Prieto | |
---|---|
Presidente de Chile | |
Período | 18 de setembro de 1841 - 18 de setembro de 1851 |
Antecesor | José Joaquín Prieto Vial |
Sucesor | Manuel Montt Torres |
Datos persoais | |
Nacemento | 25 de decembro de 1799 |
Concepción | |
Falecemento | 18 de outubro de 1866 |
Santiago | |
Organización | Partido Conservador |
Cónxuxe | Enriqueta Pinto Garmendia |
Fillos | Manuel Bulnes Pinto e Gonzalo Bulnes |
Alma máter | Instituto Nacional General José Miguel Carrera |
Profesión | militar e político |
Relixión | catolicismo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Manuel Bulnes Prieto, nado en Concepción o 25 de decembro de 1799 e finado en Santiago de Chile o 18 de outubro de 1866, foi un militar e político chileno, presidente do seu país entre 1841 e 1851.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo de Manuel Bulnes Quevedo e María Carmen Prieto Viaria. Casou cunha das figuras femininas máis representativas da aristocracia chilena, Enriqueta Pinto Garmendia, filla do presidente Francisco Antonio Pinto e irmá do Presidente Aníbal Pinto. A Enriqueta denominábana A Gran de Dama da Presidencia por ser filla, irmá e esposa de Presidentes da República.
Bulnes tomo parte na guerra para independizarse de España, loitando mesmo contra o seu pai, que estaba no bando realista. Posteriormente participou en campañas militares contra os irmáns Pincheira e contra indios pehuenches.
Participou en 1829 nunha revolución en contra do goberno liberal, e posteriormente na guerra contra a Confederación Perú-Boliviana, vencendo ás tropas de Andrés de Santa Cruz na batalla de Yungay o 20 de xaneiro de 1839, tras o cal foi recibido en Chile como heroe.
Foi nomeado ministro polo seu tío, o presidente José Joaquín Prieto Vial, e logo foi o candidato do goberno nas eleccións de 1841.
Presidente de Chile | ||
---|---|---|
Segue a: José Joaquín Prieto Vial |
Manuel Bulnes Prieto | Precede a: Manuel Montt Torres |
Partido Conservador |