Manuel Blanco Mariño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1929 Iria Flavia, España |
Morte | 20 de setembro de 2021 (91 anos) Iria Flavia, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Manuel Blanco Mariño, coñecido como o poeta obreiro, nado en Iria Flavia (Padrón) o 1 de decembro de 1929 e finado na mesma parroquia o 20 de setembro de 2021,[1][2] foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1960 asentouse en Vilagarcía de Arousa, onde traballou como carpinteiro nos obradoiros de Renfe. Sindicalista, foi un poeta autodidacta. Borobó publicou en La Noche parte do seu poemario. Poeta social, Méndez Ferrín intégrao na chamada Promoción de enlace. Gañou o certame poético Rexurdimento.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sentimentos da Alma Galega, 2000.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosa Rey Angueira e foi pai de Rosa, Manolo, Luis, Isabel, Camilo, Carmen e Jose Blanco Rey.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Esquela de Manuel Blanco Mariño". inmemoryd.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2023. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Falece Manuel Blanco, o poeta carpinteiro". La Voz de Galicia. 2021-09-24. Consultado o 2022-03-23.