Manuel Allo Allo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Allo Allo
Nacemento8 de setembro de 1933
 Freixeiro
Falecemento2 de xullo de 2013
 A Coruña
SoterradoFreixeiro
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica latina
Alma máterUniversidade de Navarra
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]

Manuel Allo Allo, nado en Freixeiro o 8 de setembro de 1933 e finado na Coruña o 2 de xullo de 2013, foi un sacerdote católico latino galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito canónico pola Universidade de Navarra,[1] foi ordenado sacerdote o 6 de abril de 1957.[1][2] Foi coadxutor das parroquias de San Pedro de Mezonzo e de Santa Lucía,[1] e en 1966 fundou a parroquia de Nosa Señora de Fátima, da que foi o primeiro párroco até o seu pasamento.[1] Como párroco foi o creador da confraría de Nosa Señora das Angustias.[1][3][4]

Finou o 2 de xullo de 2013, con 79 anos.[1][5] O seu funeral foi celebrado polo arcebispo Julián Barrio na parroquia o 3 de xullo,[1] e foi enterrado na súa parroquia natal.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Fallece el cura Manuel Allo, fundador de la parroquia de Fátima". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de xullo de 2013. Consultado o 2/11/2018. 
  2. "Cariñoso homenaje a los sacerdotes más veteranos de la Archidiócesis". El Correo Gallego (en castelán). 11 de maio de 2007. Consultado o 3/11/2018. 
  3. "José Díaz César: «No hace falta ser creyente para disfrutar de la estética de un paso»". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2017. Consultado o 2/11/2018. 
  4. García, Rodri (3 de febreiro de 2008). "Fátima busca costaleros para su nuevo paso". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2/11/2018. 
  5. "Lembramos e oramos...". Presbiterio: Boletín de la Delegación para el Clero del Arzobispado de Santiago (55): 4. Xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]