Manuel Álvarez Novoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 19 de setembro de 1946 Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Manuel Álvarez Novoa, finado en Lugo o 19 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi responsable dun grupo de guerrilleiros na provincia de Ourense. En 1946 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia a través de Samuel Mayo Méndez. Capturado, o seu grupo foi eliminado pouco despois. Xulgado en consello de guerra, atribuíronlle atracos en Chao de Rivas e Valdoseiras e o asasinato de José López Chousa. Foi condenado a morte e executado a garrote vil en Lugo o 19 de setembro de 1946.[1][2]