Manuel Viqueira Vieites
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1929 Ordes, España |
Morte | 9 de febreiro de 2015 (85 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Viqueira Vieites, nado en Vilaverde (Ordes) o 7 de setembro de 1929 e finado en Ordes o 9 de febreiro de 2015[1], foi un gaiteiro galego, coñecido como O gaiteiro de Vilaverde.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manuel é o terceiro de catro irmáns. Aos dez anos mercou a súa primeira gaita, de fol tombal. Comezou tocando panxoliñas no Nadal canda dos cantores. Foi o fundador do cuarteto Os Viqueiras de Ordes e un referente da música tradicional galega.
Discografía
[editar | editar a fonte]En 2006 Edicións do Cumio editou o seu primeiro traballo discográfico que recolle as súas pezas máis representativas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morre Manuel Viqueira, fundador de Os Viqueiras de Ordes". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2015. Consultado o 09 de febreiro de 2015.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |