Manuel Viqueira Verea
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Ordes, España |
Alcalde de Ordes | |
1983 – 1987 ← Antonio Concheiro Iglesias – Teodosio Martino → | |
Actividade | |
Ocupación | político, axente de seguros |
Manuel Viqueira Verea, nado en Ordes en 1955[1], é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Axente de seguros. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Ordes por Coalición Galega e foi elixido alcalde grazas ao apoio de PSdeG e CDS. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Ordes quedándose a 33 votos de se-la forza máis votada, por detrás da CPG de Teodosio Martino, polo que perdeu a alcaldía. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE volvendo a quedar na oposición, tras lograr Martino a maioría absoluta á fronte do PPdeG.
É director do Museo Juanjo Liñares e presidente da Federación Galega de Grupos de Danza
Predecesor: Antonio Concheiro Iglesias |
Alcalde de Ordes 1983 - 1987 |
Sucesor: Teodosio Martino Martino |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «O peor foi aquela tractorada con incidentes tan graves», entrevista en La Voz de Galicia, 4-5-2014, p. L13.