Manual do Guerreiro da Luz
| Manual do Guerreiro da Luz | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Publicación | |||||
|
Editorial
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
Manual do Guerreiro da Luz é un libro do escritor brasileiro Paulo Coelho publicado en 1997. Foi reeditado en 2017 polo selo Paralela da brasileira Companhia das Letras[1]. O libro aborda temas universais, entre outros, as conquistas e as derrotas, as escollas, o destino, a paixón, a esperanza ou a amizade.
Agás o prólogo e o epílogo, os contidos do libro xa foron publicados anteriormente en "Maktub", nome dunha columna que formou parte do xornal Folha de São Paulo e en diversos xornais brasileiros e estranxeiros entre 1993 e 1996.
Sinopse
[editar | editar a fonte]As mensaxes que o Guerreiro da Luz deixa neste libro poden ser lidas en calquera situación, en especial cando cómpre encontrar forza para afrontar os desafíos cotiáns.
Nalgúns momentos, o Guerreiro observa o que pasa ao seu redor como simple espectador e deixa que as cousas se resolvan de xeito natural. Noutras, procura lembrar que o Universo sempre conspira no seu favor e torna reais os seus desexos máis ocultos. Por iso, el ten tino con pensamentos que poden agochar sentimentos negativos, como a culpa, o medo, a traizón, a rabia ou a autodestrución. Porén, no canto de evitalos, alíase con eles na busca dunha vida máis pura.
O Guerreiro da Luz, en definitiva, fala da decisión de ollar a vida dende unha perspectiva realista, mais con esperanza e dozura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manual do Guerreiro da Luz". Companhia das Letras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Coelho, P. (2006). Manual do Guerreiro da Luz. São Paulo: Planeta. p. 160. ISBN 85-7665-190-4.
- Coelho, P. (2017). Manual do Guerreiro da Luz. São Paulo: Planeta. p. 160. ISBN 978-85-8439-072-4.