Manu Pineda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1965 (59 anos) Málaga, España |
Eurodeputado | |
Representa: Esquerda Unida da Comunidade de Madrid 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateo |
Actividade | |
Ocupación | activista, sindicalista, político |
Partido político | Izquierda Unida Partido Comunista de España |
Manuel «Manu» Pineda Marín, nado en Málaga o 2 de setembro de 1965, é un activista e político español, pertencente a Esquerda Unida e ao Partido Comunista de España, sendo coñecido pola súa militancia propalestina.[1] Foi deputado do Parlamento Europeo dentro do Grupo de Esquerda e delegado do Parlamento Europeo para as relacións con Palestina dende 2019 até 2024.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado o 2 de setembro de 1965 en Málaga,[2] é militante do Partido Comunista de Málaga e sindicalista de Comisións Obreiras.[3] En setembro de 2011 trasladouse a Gaza e, dacabalo entre Málaga e Gaza, empezou a desenvolver unha actividade como brigadista de Unadikum. Tamén se trasladou posteriormente a facer activismo en Cisxordania, onde coñeceu á familia Tamimi. Foi proposto como responsable da Secretaría de Internacional do Partido Comunista de España (PCE) durante o XX Congreso do partido en decembro de 2017.[4] Resultou escollido en novembro de 2018 como segundo da lista (despois de Sira Rego) de Esquerda Unida para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 en España, malia que a formación prevía daquela unirse con Podemos e outras confluencias.[5][6]
Foi incluído finalmente no número 6 da lista de Unidas Podemos Cambiar Europa de cara ás eleccións europeas, resultando elixido eurodeputado.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Riveiro, Aitor (5 de novembro de 2018). "La ausencia de rivales confirma el tándem Sira Rego-Manu Pineda como candidatos de IU para las europeas". eldiario.es.
- ↑ "Manu Pineda". www.europarl.europa.eu. Parlamento Europeo.
- ↑ "Manu Pineda: 'El Gobierno español tiene las manos manchadas de sangre palestina'". Palestinalibre. 27 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2023. Consultado o 04 de xuño de 2024.
- ↑ García Morales, Manuel (31 de xaneiro de 2018). "Manu Pineda, elegido responsable de Relaciones Internacionales del PCEA". Mundo Obrero.
- ↑ Fernández, Carlos (5 de novembro de 2018). "¿Quiénes son los principales candidatos a las europeas de Izquierda Unida (IU)?". El Estado.
- ↑ Europa Press, ed. (6 de novembro de 2018). "IU releva a sus eurodiputados y promueve una lista europea nueva encabezada por una colaboradora de Garzón". Consultado o 16 de febreiro de 2019.
- ↑ Xunta Electoral Central: "Resolución de 29 de abril de 2019, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, de proclamación de candidaturas a las elecciones de diputados al Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 206/2019, de 1 de abril, a celebrar el 26 de mayo de 2019" (PDF). ISSN 0212-033X.
- ↑ Poyatos, Pedro G. (30 de maio de 2019). "Estos son los 54 eurodiputados españoles en Bruselas". La Razón.