Mala feminista
Mala feminista | |
---|---|
Título orixinal | Bad feminist |
Autor/a | Roxane Gay |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Hércules de Ediciones |
Data de pub. | 2021 |
ISBN | ISBN 9788418966101 (gl) |
Tradución | María Fe González Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mala feminista (título orixinal en inglés: Bad feminist) é un conxunto de ensaios de Roxane Gay sobre este movemento nos que reflexiona "sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente do papel da muller —así como da súa relación cos homes e coas demais mulleres— nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes"[1]
Estou equivocándome como muller. Estou equivocándome como feminista. Aceptar con liberdade a etiqueta de feminista sería inxusto para as boas feministas. Si, son feminista, pero son unha feminista bastante mala. Son unha morea de contradicións. Hai moitos aspectos nos que levo mal o feminismo ou polo menos é ese o xeito en que o percibo dende a miña condición de muller. Quero ser independente, pero desexo que me coiden e ter alguén esperándome na casa. Teño un traballo no que son boa. Encárgome de cousas. Estou en comités. A xente respéctame e escoita o meu consello. Quero ser forte e profesional, pero moléstame o moito que teño que traballar para que se me tome en serio, para recibir unha décima parte da consideración que podería recibir noutras circunstancias. Algunhas veces éntrame unha necesidade abraiante de chorar no traballo, así que pecho a porta do despacho e choro.[2]
Esta obra forma parte da colección Púrpura comezada pola editorial Hércules de Ediciones no ano 2019.[3] Foi traducida ó galego por María Fe González Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mala feminista". Hércules Ediciones. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 2022-01-04.
- ↑ Lecturafilia (2021-12-01). "«Mala feminista» de Roxane Gay, en galego". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2022-01-04.
- ↑ Pin, Irene. "A colección Púrpura trae referentes feministas ao galego". Nós Diario. Consultado o 2020-12-27.