Makea Pori Ariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMakea Pori Ariki

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAvarua Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 1839 Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMakea Te Vaerua Ariki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Makea Pori Ariki ( ? - 28 de outubro de 1839) foi o ariki da dinastía Makea Nui Ariki, unha das tres liñas da tribo (vaka) de Te-au-o-Tonga en Rarotonga (Illas Cook).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A mención máis antiga que se conserva remóntase á guerra civil de 1815-1816 cando se tivo que refuxir coa súa familia en Puaikura, no oeste da illa, ao cabo de sete anos puido volver a Avarua, sucedendo a seu pai Makea Tinirau Ariki en 1823. Nese ano estivo na illa o misioneiro John Williams da Sociedade Misioneira de Londres que intentou convertelo ao cristianismo deixando na illa a Papehia que logrou que destruíse os símbolos da relixión tradicional, recibindo o bautismo en 1825 ao paso do reverendo Robert Bourne pola illa.