Maison Carrée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O templo da Maison Carrée, Nîmes.
Maisoncarree.jpg

A Maison Carrée é un templo romano, un dos templos antigos mellor conservados, que se encontra sito en Nîmes (a antiga Nemausus), na Occitania, país de Francia meridional.

Foi construído entre o 19 e o 16 a.C. por Marco Vipsanio Agripa e foi dedicado aos fillos do mesmo Agripa e de Xulia, filla de Augusto: Gaio e Lucio César, mortos ambos aínda novos. O texto da inscrición dedicada foi reconstruído polo erudito local Jean-François Séguier, en 1758, a partir dos furados deixados polas letras de bronce orixinais; dicía : "A Gaio César, fillo de Augusto, cónsul; a Lucio César, fillo de Augusto, cónsul designado; príncipes da mocedade".

O templo debe o seu óptimo estado de conservación ao feito de ter sido reutilizado como igrexa cristiá no século IV. Foi despois sede de diversas institucións públicas cidadás, o que conlevou graves transformacións. Durante a súa historia foi mesmo corte de gando durante a Revolución francesa. Desde 1823 é un museo e actualmente alberga exposicións temporais.

O seu nome en francés significa literalmente "Casa cuadrada", debido ao uso arcaico do termo carré co significado de "cuadrangular", é dicir con aspecto de "rectángulo", con clara alusión á planta do edificio. As súas dimensións son: 26 m de longo, 13 m de ancho e 17 m de alto.

Características[editar | editar a fonte]

Maison Carrée plafond.jpg

Este pequeno templo romano, alzado sobre un elevado podio, de 2,85 m de altura, dominaba o foro, corazón económico e administrativo da antiga Nemausus. Un pórtico, do que aínda se poden observar as bases das columnas, arrodeaba a Maison Carrée, estendíase cara ao Norte e marcaba o emprazamento do foro nemausiano. Accedíase ao podio por unha escalinata de 15 degraos, reconstruída con algúns restos antigos conservados. No fronstipicio figuraba unha antiga inscrición reconstruída en 1835 (ver arriba).
É un templo pseudoperíptero hexástilo, con pronaos particularmente profundo (cerca dun terzo da lonxitude total da edificación). Presenta seis columnas na fachada (de aí hexástilo) e tres columnas libres nos lados, que continúan con oito semicolumnas laterais e na traseira da cella.

A súa arquitectura estaba inspirada na do templo de Apolo en Roma, como o testemuñan as súas dimensións (ver arriba), con manifesta influencia grega. Sostense sobre columnas, con fuste acanalado e capiteis corintios, con cornixa, apoiada sobre ménsulas, que abriga un friso historiado en tres dos lados.

No interior a cella está revestida con lastras de mármore

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maison Carrée