Madame de Sade
Madame de Sade | |
---|---|
Autor/a | Yukio Mishima |
Orixe | Xapón |
Lingua | lingua xaponesa |
Xénero(s) | obra de teatro |
Editorial | Kawade Shobō Shinsha |
Data de pub. | 15 de novembro de 1965 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Madame de Sade[1] é unha obra escrita por Yukio Mishima en 1965.
Madame de Sade é unha obra de ficción histórica baseada na vida de Renée de Sade, a muller do Marqués de Sade. Narra as vicisitudes de Renée, a súa familia e os seus achegados durante as diversas estancias en prisión do seu marido. Todas as personaxes que aparecen en escena son mulleres. Despois de ler sobre o Marqués e Madame de Sade, Mishima preguntouse por que Renée agardou até que o seu home estivese fóra da cadea para separarse del definitivamente.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Renée, Marquesa de Sade[2]
- Madame de Montreuil, a nai de Renée[2]
- Anne, a irmá máis nova de Renée[2]
- Simiente[2]
- COMTESSE DE SAINT-FOND
- CHARLOTTE, ama de chaves de Madame de Montreuil
Segundo Mishima, cada personaxe simboliza algún aspecto da natureza humana, por isto a obra funciona como unha alegoría. Madame de Sade (Renée) representa a devoción propia dunha esposa; Madame de Montreuil é a lei, a sociedade, a moralidade; Anne representa a candidez feminina e a falta de principios; Madame de Simaine a relixión; Madame de Saint-Fond o desexo carnal; Charlotte representa, finalmente, á xente corrente.
Notas
- ↑ López Cid, Xosé Luis (2005). "Sade-Mishima, por Sarabela". 25 años Sarabela Teatro : 1980-2005 (1 ed.). Ourense: Difusora de Letras, Artes e Ideas. p. 47. ISBN 84-933890-6-4. OCLC 266836288.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 25 años Sarabela Teatro : 1980-2005 (1 ed.). Ourense: Difusora de Letras, Artes e Ideas. 2005. ISBN 84-933890-6-4. OCLC 266836288.