Saltar ao contido

Macróspora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óvulos de planta con megasporocitos antes da meiose: óvulo de ximnosperma á esquerda, óvulo de anxiospermas á dereita

En botánica, chámase macróspora[1] a espora feminina das espermatófitas, as plantas que producen sementes, e corresponde á célula nai do óvulo[2].

A espora masculina denomínase micróspora e corresponde ao gran de pole.

Esta denominación vén do feito destas plantas presentaren alternancia de xeracións, entre unha fase diploide, o esporófito, que produce esporas haploides que, á súa vez, dan orixe ás células sexuais, os gametos.

Os nomes macróspora e micróspora derivan das distintas dimensións relativas destas esporas, normalmente máis pequenas as masculinas.

  1. "Macróspora". Real Academia Galega. Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  2. Magenta, Mara. Universidade de Santa Cecília, Brasil, ed. "REPRODUÇÃO DAS PLANTAS". UNISANTA (en portugués). Consultado o 21 de maio de 2019.