Micróspora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Microspora")
Nas plantas, as micrósporas (e ás veces as macrósporas) fórmanse por meiose en tétrades.

En bioloxía, unha micróspora[1] é unha pequena espora, en contraste coa macróspora máis longa.

En botánica, as micrósporas son desenvoltas nos gametófitos masculinos, e as macrósporas nos gametófitos femininos. A combinación de micrósporas e macrósporas pódese atopar só en organismos heterospóreos. Nas plantas con semente as micrósporas forman os grans de pole, e as macrósporas desenvólvense ca semente. Moitas das plantas que se reproducen por esporas sen semente só producen unha clase de esporas. Nos fieitos as plantas heterospóreas son acuáticas ou semiacuáticas, incluído os xéneros Marsilea, Regnellidium, Pilularia, Salvinia, e Azolla. Esta condición é tamén coñecida no xénero de Lycophyta Selaginella.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Micróspora". Real Academia Galega. Consultado o 13 de setembro de 2016.