macOS Sierra
MacOS Sierra | |
---|---|
![]() | |
Nome curto | Sierra e Sierra ![]() |
Tipo | sistema operativo, macOS e UNIX 03 ![]() |
Epónimo | Serra Nevada ![]() |
Parte da serie | macOS ![]() |
Licenza | Apple Public Source License (en) ![]() ![]() |
Baseado en | Darwin ![]() |
Versións
| |
Produción | |
Formato de distribución | distribución dixital ![]() |
Características | |
Plataforma | x86-64 e iOS ![]() |
Biblioteca de IU | Aqua (pt) ![]() ![]() |
Datas e localizacións | |
Publicación | 20 de setembro de 2016 ![]() |
Creación | 20 de setembro de 2016 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Distribuidor/a | App Store ![]() |
Desenvolvedor | Apple ![]() |
Cronoloxía | |
Contacto | |
Páxina WEB | apple.com… ![]() |
[ Wikidata ] |
macOS Sierra (versión 10.12) é a décimo terceira versión de macOS, o sistema operativo de Apple Inc. para os seus ordenadores de escritorio, portátiles e servidores Macintosh. É a primeira versión do sistema operativo tras o cambio de denominación de "OS X" a "macOS".
Foi anunciada o 13 de xuño de 2016 durante a WWDC dese ano xunto coas novas versións dos outros sistemas operativos dos produtos de Apple (iOS 10 para iPhone e iPad, watchOS 3 para Apple Watch e tvOS 10 para Apple TV). Foi lanzada oficialmente o 20 de setembro de 2016.
Características
[editar | editar a fonte]Os principais cambios na versión 10.12 foron os seguintes:[1]
Deseño
[editar | editar a fonte]A interface do sistema é practicamente idéntica á da versión anterior OS X El Capitan.
Inicio de sesión
[editar | editar a fonte]O ordenador pódese desbloquear automaticamente cando o usuario está preto do mesmo e leve consigo un Apple Watch.
Portapapeis universal
[editar | editar a fonte]Desde esta versión existe un portapapeis único para todos os dispositivos de Apple que dispoña o usuario. A través da ferramenta que a compañía denominou Continuity, é posible copiar un texto no iPhone e pegalo nun documento no Mac, ou viceversa.
iCloud
[editar | editar a fonte]A nova funcionalidade que Apple engadiu a iCloud foi a de optimizar o almacenamento do Mac. O servizo garda as versións antigas dos documentos, versións orixinais de imaxes e automatiza os procesos de eliminación da caché no navegador Safari, co obxectivo de liberar espazo no disco duro.
Apple Pay
[editar | editar a fonte]O servizo de pago móbil permitiu desde esta versión facer pagamentos a terceiros a través da web no Mac, utilizando como medio de autorización do pago o Touch ID do iPhone.
Picture in Picture
[editar | editar a fonte]Tras a súa inclusión nos iPad con iOS 9, está función chegou aos Mac. Durante a reprodución dun vídeo, se se preme o botón que o habilita, sepárase o vídeo da ventá na que se está reproducindo e créase unha ventá independente e flotante, que ademais se pode recolocar e redimensionar. Dita función tamén se pode utilizar cando o modo pantalla completa está activado.
Pestanas
[editar | editar a fonte]Con esta versión o sistema de pestanas presente no navegador Safari esténdese ao resto de aplicacións, xa sexan nativas ou de terceiros, automaticamente. Desde agora, cando o usuario abre dúas ou máis ventás dunha mesma aplicación, en lugar de aparecer como ventás independentes, organízanse en pestanas.
Siri
[editar | editar a fonte]Con macOS Sierra o asistente virtual Siri chegou á única plataforma de Apple que lle faltaba. Para invocala existen, por unha parte un acceso no dock, e por outro, un na barra de menú superior á dereita da pantalla. Ademais de desfrutar das mesmas funcións que en iOS, con macOS, engádeselle a posibilidade de buscar ficheiros a través do Finder. O usuario pode interactuar cos resultados, podendo engadilos ao centro de notificacións en forma de Widget ou arrastrar nun documento as imaxes devoltas como resultado. Tamén se integrou con iTunes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "macOS Sierra, resumen de sus principales novedades". Apple5x1. 13 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016. (en castelán)