M3 Stuart
M3 Stuart | |
---|---|
![]() | |
Tipo | modelo de carro de combate ![]() |
Subclase de | tanque lixeiro ![]() |
Produción | |
País de orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Total producido | 23.685 ![]() |
Características | |
Velocidade máxima | 58 km/h ![]() |
Dimensións | |
Altura | 2,39 m ![]() |
Anchura | 2,24 m ![]() |
Lonxitude | 4,53 m ![]() |
Masa | 12,9 t ![]() |
Persoas e organizacións | |
Operador/a
| |
Cronoloxía | |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
O M3 Stuart, formalmente Light Tank M3, foi un carro de combate estadounidense da segunda guerra mundial. Foi subministrado ás forzas británicas e da Commonwealth baixo un acordo de préstamo antes da entrada dos Estados Unidos na guerra. A partir de entón sería usado polos estadounidenses e todas as forzas aliadas ata o final do conflito.
O nome General Stuart ou Stuart dado polos británicos procede do xeneral confederado da Guerra Civil Estadounidense J.E.B. Stuart, e foi usado tanto para o M3 como para o seu derivado M5 Light Tank. No servizo británico tamén sería alcumado Honey, despois de que un condutor remarcase que "She's a honey" (ela é un mel). No servizo estadounidense foron oficialmente coñecidos como "Light Tank M3" e "Light Tank M5". Os M3 Stuart foron os primeiros carros con tripulación estadounidense en enfrontarse a outros carros en combate.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: M3 Stuart ![]() |