M-Base

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O M-Base é un movemento artístico introducido polo saxofonista americano Steve Coleman durante o inicio da súa carreira en solitario como o acrónimo de "Macro-Basic Array of Structured Extemporizations". O movemento pretendía agrupar novas formas creativas de expresión centradas na improvisación co obxectivo de transmutar experiencias humanas en son.[1]

Historia do movemento[editar | editar a fonte]

O movemento presentouse por Coleman como reacción aos novos intentos de estándarización do jazz na segunda metade dos anos 80, M-Base suxería, en oposición, unha deviación baseada nos principios estéticos da nova escena dos músicos negros americanos de vangarda. Os discos producidos baixo este movemento como Motherland Pulse (1985) ou Point of View (1986) cun identificábel son de funk descentrado levou á crítica a utilizar M-Base como unha etiqueta identificativa dun estilo de jazz en concreto, iniciativa combativa polo propio Coleman ao non compartir unha visión tan esencialista do movemento. No ano 1993 Coleman publica Anatomy of Groove(DIW) baixo o nome de M-Base, un disco con harmonías tinguileantes que moitos críticos viron como unha intelixente fusión de xéneros.[2]

Artistas agrupados no colectivo M-Base[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chinen, Nate (2018). Playing Changes, Jazz for the new century (en inglés). Pantheon. pp. 77-9. ISBN 9781101870341. 
  2. Chinen, Nate (2018). Playing Changes, Jazz for the new century (en inglés). Pantheon. pp. 80-2. ISBN 9781101870341. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]