Māra Zālīte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMāra Zālīte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Krasnoiarsk, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Letonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Letônia (pt) Traducir (–1975)
Q4190979 Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , escritora , figura pública , dramaturga , letrista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLatvijas Rakstnieku savienība (en) Traducir
Karogs (en) Traducir
AKKA/LAA (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua letoa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIlze Ķuzule-Skrastiņa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 6f0139cb-9c2b-48b4-94b1-17a72fbaf4c1 Discogs: 1551526 Editar o valor em Wikidata

Māra Zālīte, nada Krasnoiarsk o 18 de febreiro de 1952, é unha escritora letoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no krai de Krasnoyarsk en Rusia no seo familia de deportados de letóns en Siberia. En 1956, a familia puido volver a Letonia e Māra Zālīte pasou a infancia na casa do avó en Slampe. Estudou primeiro na escola primaria local[1] e logo na escola deportiva Murjāņi (1967-1970). Entre 1970 e 1975 estudou filoloxía na Universidade de Letonia. Traballou na oficina da Unión de Escritores de Letonia, foi directora da sección de escritores novos, asesora de poesía da revista Liesma (1974-1989), editora principal da editorial Karogs e da revista Karogs (1989-2000). En 2000 converteuse no presidenta da Asociación de Autores de Letonia e mantivo o posto ata 2008. Presidiu a Comisión da Lingua Nacional[2] entre 2002 e 2004.

Obra[editar | editar a fonte]

En 1972 publicou a súa primeira obra relevante, foi o poema “Balādīte” na revista literaria Karogs. Ao longo da década de 1970 a súa obra trataba principalmente do significado e dos problemas da vida e do desenvolvemento da personalidade durante a mocidade. Na década de 1980 centrouse máis en motivos filosóficos e emocionais en combinación coa historia e a época actual e mais tamén de problemas políticos e sociais, con frecuencia asociados coa cultura e a mitoloxía letoa. En especial, a colección poética Debesis, debesis de 1988 salienta por esa visión do destino tráxico da nación letoa e a súa vontade de liberdade. (1988).

Ao primeiro, o seu treatro desenvolveuse como unha continuación da súa poesía, nas súas pezas combinaba forte caracteres individuais con temas da historia, dos mitos e da identidade nacional[3]. A súa peza máis popular foi un libreto para a ópera rock míticos-simbólica Lāčplēsis (1987) que se converteu nun símbolo do terceiro espertar letón[4]

A súa infancia influenciou fortemente toda a súa obra[5] e particularmente está presenta na súa prosa, na novela autobiográfica Pieci pirksti(2013) e en “Paradīzes putni”(2018) que narra a ocupación[6] e a infancia no réxime da Unión Soviética.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Vakar zaļajā zālē. Riga, Liesma, 1977
  • Rīt varbūt. Riga, Liesma, 1979
  • Nav vārdam vietas. Riga, Liesma, 1985
  • Debesis, debesis. Riga, Liesma, 1988
  • Apkārtne. Riga, Preses nams, 1997
  • Dzeja Rīga, Atēna, 2003
  • Dziesmu rakstā. Riga, Mansards, 2015

Novela[editar | editar a fonte]

  • Pieci pirksti. Rīga, Mansards, 2013.
  • Paradīzes putni. Rīga, Dienas grāmata, 2018.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Pilna Māras istabiņa. Riga, 1983
  • Tiesa. Riga, 1985
  • Dzīvais ūdens. Riga, 1988
  • Eža kažociņš, 1993
  • Margarēta, 2001
  • Tobāgo!. Riga, 2001
  • Zemes nodoklis. Riga, 2003
  • Še Tev žūpu Bērtulis. Ogre, 2004
  • Pērs Gints nav mājās. Riga, 2007
  • Lācis. Riga, 2009
  • Priekules Ikars. Riga, 2009

Libros infantís[editar | editar a fonte]

  • Deviņpuiku spēks. Riga, Liesma, 1985
  • Mamma un tētis kūrortā. Riga, Dienas Grāmata, 2016
  • Tango un Tūtiņa ciemos. Riga, Liels un mazs, 2017

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "42 Minūtes Ar Māru Zālīti". NTZ. 23 de febreiro de 2008. 
  2. "Valsts valoda". vvk.lv. 
  3. 300 Baltic Writers: Estonia Latvia Lithuania. A reference guide to authors and their works. Institute of Lithuanian Literature and Folklore, Institute of Literature, Folklore and Art, University of Latvia, Under and Tuglas Literature Centre of the Estonian Academy of Sciences. 2009. pp. 365–366. ISBN 9789955698999. 
  4. Apinis, Pēteris (2006). 100 Latvijas personību. Rīga: Nacionālais apgāds. p. 198. ISBN 9789984262697. 
  5. SatoriSarunas (15 de abril de 2014-04-15). "Māra Zālīte sarunā ar Satori". 
  6. muzejs, Latvijas Okupācijas. "Neatkarīgā Latvija - Latvijas Okupācijas muzejs". Latvijas Okupācijas muzejs (en letón). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-13.