Mónica González Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMónica González Conde
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Lamela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , política Editar o valor em Wikidata

Mónica González Conde, nada en Lamela (Silleda) en 1977, é unha xornalista e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo, pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en varios medios de comunicación, e en 2011 incorporouse como persoal de confianza ao equipo da alcaldía de Silleda, primeiro con Paula Fernández Pena e despois con Manuel Cuíña, sendo responsable do gabinete de comunicación do Concello. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse no cuarto posto da lista do PSdeG-PSOE e foi elixida concelleira.[1] Foi concelleira de Cultura, Turismo e Deporte e primeira tenente de alcalde.[2] Dende 2022 forma parte da executiva dos socialistas de Silleda como responsable de política municipal, e da executiva nacional na secretaría para o reto demográfico. Nas municipais de 2023 foi a número dous da candidatura do PSdeG e foi elixida concelleira.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Ten dúas fillas e reside na parroquia silledense de Oleiros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]