Luís Rodríguez Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Ourense, España |
Morte | outubro de 1953 (68/69 anos) O Carril, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Abdón Rodríguez Santos |
Luís Rodríguez Santos, que en ocasións asinaba como Luis R. Santos, nado en Ourense en 1884[1] e finado no Carril en agosto de 1953, foi un xornalista, escritor e mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Abdón Rodríguez Santos. Emigrou a Cuba. Foi redactor de Diario Español, e colaborou en Vida Catalana. Co seu irmán Abdón publicaron por entregas en Diario de la Marina a novela cuerta Los harapos del lujo en 1907.[2] Estreou na Habana as pezas teatrais El maldito deber e Un beso. Tamén colaborou na revista Brisas. Retornou a Ourense nos anos vinte e foi representante comercial. En 1936 pasou unha longa tempada en Cuba.[3] No franquismo traballou no periódico Domingo de Madrid.[4] A finais dos anos corente foi mestre de Bamio e despois de Cea. Colaborou en El Pueblo Gallego. Finou no Carril en agosto de 1953.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mariana Calvo González, nada en La Habana (illa de Cuba) en 1887.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "List or manifest of alien passengers for the United States inmigrant inspector at port of arrival", coa listaxe dos pasaxeiros do S.S. Marqués de Comillas que, tendo saído do porto de Vigo, recalou en Nova York o 21 de xuño de 1946 en tránsito cara a La Habana (lista nº 16).
- ↑ Diario de la Marina, 3-9-1907, p. 10.
- ↑ La Zarpa, 12-7-1936, p. 1.
- ↑ El Correo Gallego, 1-5-1947, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 2-9-1953, p. 8.
- ↑ Editado por Domingo Alonso e impreso na Imprenta La Prueba, en La Habana, conta cun prólogo de Eduardo Varela Zequeira (Trelles, Carlos M. (1917). Imprenta de la Viuda de Quirós y Estrada (impresor), ed. Bibliografía cubana del siglo XX. Tomo segundo (1900-1916) (PDF) (en castelán). Matanzas. p. 63.).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. pp. 150–151. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 14 de novembro de 2014.