Luís Conde Rivera
Biografía | |
---|---|
Morte | década de 1980 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Luís López de Rivera, coñecido como Luís Conde de Rivera, Luís Conde Rivera ou Conde de Rivera, finado nos anos oitenta do século XX, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi redactor de El Noroeste. En 1927 publicou unha novela curta titulada Carmeliña. Colaborou en Vida Gallega, El Correo Gallego e El Eco de Santiago. Marchou a Madrid en 1928 e integrouse no Lar Gallego; colaborou en ABC, Blanco y Negro e Galicia en Madrid e dirixiu Galicia.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi director do diario Voluntad de Xixón dende decembro de 1937, e redactor xefe de La Mañana de Lleida, cando o dirixía Emilio Romero. Despois trasladouse á Coruña onde dirixiu a revista Alfar,[1] colabotou en La Noche e incorporouse á redacción de El Pueblo Gallego en xullo de 1948.[2] Instalouse en Sevilla, onde traballou no ABC, foi correspondente de La Noche e colaborou en La Vanguardia.
Obras
[editar | editar a fonte]- Carmeliña, 1927.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Conde Rivera, L.". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.